O audiovisual galego celebra a súa festa en que estarán os seleccionados aos premios “Mestre Mateo”

Día de festa

16/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A primeira edición dos premios “Mestre Mateo” que concede a Academia Galega do Audiovisual chega cargada de novidades. A primeira delas é a festa que terá lugar esta noite no Hotel Palacio do Carme en Compostela, onde os seleccionados para os galardóns recibirán un diploma acreditativo. Comeza así a conta atrás cara ao 7 de xuño, cando se entregarán os premios. E o audiovisual ten outras citas. A primeira o vindeiro luns, que será cando se presente a serie documental “As viaxeiras da lúa” producida por Ibisa tv. Por outra banda, o vindeiro 18 de xullo (a preestrea será o 10) chegará ás salas comerciais “O agasallo de Silvia”. A película coproducida por Lorelei Produccións será distribuída en Galicia co mesmo número de copias en galego ca en español.

Máis información sobre a festa no web da Academia Galega do Audiovisual; sobre “As viaxeiras da Lúa” no web de Ibisa TV e sobre “O agallaso de Silvia” no seu web

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Documental, Santiago de Compostela