“Entre Bateas”, “Terra de Miranda” e “Pratos combinados” compiten nos Premios Mestre Mateo

Os resultados do mestre

7/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Academia Galega de Audiovisual fixo pública onte a relación de aspirantes a gañar a primeira edición dos Premios Mestre Mateo (antes Chano Piñeiro e Agapi). Un certame ao que se presentaron cen produccións e no que “Entre Bateas” e “Terra de Miranda” acaparan máis nomeamentos. Os 180 socios da Academia enviarán os seus votos en sobre pechado que se farán públicos o día 7 de xuño, que é cando se celebre a gala de entrega. A novidade está na votación, xa que o público poderá, ben por teléfono ou no web da Academia e da CRTVG, decidir a mellor longametraxe, serie e programa.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual en La Voz de Galiciae El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito