O Auditorio de Galicia acollerá o 7 de xuño a entrega dos premios Mestre Mateo

Mestres en xuño

15/4/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Os premios do audiovisual galego Mestre Mateo (antes Agapi e Chano Piñeiro) entregaranse o vindeiro 7 de xuño no auditorio de Galicia. Así o ratificaron onte o presidente da Academia do Audiovisual, Ernesto Chao, e o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela asinando un convenio polo que a administración aportará 60.000 euros ao evento. A gala de entrega será retransmitida pola Televisión de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia; en El Correo Gallego e no Faro de Vigo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito