Produtoras, escolas e universidades presentaron 93 traballos para os Mestre Mateo 05

Os outros Mestres

19/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un total de 93 traballos optan aos Mestre Mateo 05. Os premios máis importantes do audiovisual galego, que concede a Academia Galega do Audiovisual, entregaranse na Coruña o vindeiro mes de marzo. De momento, a falta de que conclúa o prazo para a presentación de alegacións, son candidatas 37 produtoras e catro escolas e universidades. A partir do 31 de xaneiro os membros da Academia serán os encargados de votar aos 4 candidatos de cada unha das 26 categorías.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Academia Galega do Audiovisual, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares