Os membros da Academia Galega do Audiovisual decidirán os Mestre Mateo 2004

Un xurado asociado

18/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Profesionais, televisións, escolas, produtoras... todos os que realizaron unha produción audiovisual puideron presentarse aos “Mestre Mateo 04”. Así figuraban nas bases dun certame que decidirán os Membros da Academia Galega do Audiovisual. Os académicos substitúen así ao tradicional xurado que este ano incorporará aos criterios xa establecidos, o idioma orixinal da produción para decidir se é ou non galega. Polo demais, o número de candidaturas continúa a ser de 25, con cambios nos nomes das candidaturas (a mellor produción multimedia pasa a ser a mellor produción interactiva). Agora os académicos teñen ata o 15 para decidir aos candidatos entre os presentados, e ata o 8 de febreiro para escoller aos finalistas. Os vencedores saberanse o día 13 de marzo no transcurso dunha gala.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Escolas

Claves

Conceptos