A promesa e O ano da Carracha comparten 14 candidaturas aos premios Mestre Mateo

Mestres do 2004

3/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Academia Galega do Audiovisual acaba de facer públicos os candidatos aos premios Mestre Mateo. Un ano no que "A Promesa" (Pórtico de Comunicaciones) e "O ano da Carracha" son as producións favoritas. Ambos traballos teñen catorce candidaturas e veranse as caras nas categorías máis destacadas: longametraxe, á que tamén concorre “A vida que che espera” (Continental); dirección (no dó de galegos Héctor Carré/Jorge Coira) ou nos de interpretación. Luís Tosar, Farruco, Juan Diego, Alfonso Agra e Javier Veiga despútanse a estatuíña a mellor interpretación masculina, mentres que Carmen Maura, María Vázquez, Marta Etura e Verónica Sánchez compiten no apartado feminino. Das 25 categorías establecidas, cómpre destacar o pulso que botarán as series de televisión "As leis de Celavella", "Terra de Miranda" e a máis lonxeva da pequena pantalla, "Pratos combinados". Os gañadores saberanse o vindeiro 20 de marzo no transcurso da gala que terá lugar en Vigo.

Consulta os candidatos no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual, María Vázquez, Héctor Carré...