O Museo de Arte Contemporánea de Vigo recolle o traballo dunha trintena de artistas novos na mostra "Urbanitas"

O pulso da arte nas cidades

Para moitos é a primeira mostra importante na que participan. Nalgúns casos é mesmo a primeira ocasión en que estarán expostos nun centro e non nos muros das rúas. Canda a eles, algúns novos creadores que xa conseguiron un certo prestixio na súa actividade. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) reúne por primeira vez no noso páis unha panorámica dos artistas do noso país nados despois de 1970 na mostra "Urbanitas".

Graffitis, intervencións urbanas, fotografía, vídeo, escultura, instalacións plásticas e sonoras, pintura. Os artistas galegos nados despois de 1970 e que centran o seu traballo nas cidades posúen unha ampla gama de propostas expresivas. Por vez primeira no noso país esta xeración reúnese no Museo de Arte Contemporánea de Vigo nunha heteroxénea mostra de creatividade bautizada como "Urbanitas". Deste xeito, onda a grafiteiros coma Nano 4814 ou El Tiñas, que habitualmente amosan a súa obra nos muros das cidades, podemos ver as creacións de autores que xa posúen unha certa traxectoria en circuítos artísticos máis convencionais. Álvaro Negro, Chiu Longina ou Mónica Alonso son algúns dos nomes que poden resultarlles máis recoñecibles ao público que acuda á mostra, que se desenvolverá desde o tres de febreiro ata o vinte e oito de maio. Canda a eles, creadores tan novos coma Pablo Pérez, Maribel Castro, Antía Moure, Kiko ou Tay, nacidos aínda entre 1981 e 1982. Segundo Explica Iñaki Martínez Antelo, director do centro e un dos comisarios da mostra, a idea xurdiu "a partir das visitas a galerías e centros de arte, da consulta de dosieres, das conversas con profesores e alumnos de Belas Artes, do que acontecía na rúa, e do que se reflectía nos medios de comunicación, tiven a sensación que era necesario sacar á luz moito do traballo que estaban a facer estes novos creadores. Pero o certo é que estes artistas non están incluídos na exposición por seren galegos, senón porque están a desenvolver un traballo interesante."

Instantaneidade
"O proxecto fai fincapé no aquí e no agora: o seu principal compoñente é a inmediatez, tanto espacial como temporal", explican desde o MARCO. "Urbanitas tómalle o pulso ao contexto máis inmediato e a un momento no que se dan as condicións para que, a carón de artistas cunha traxectoria sólida, xurdan novas xeracións de creadores que empezan a desenvolver un traballo continuado dentro e fóra de Galicia", completa o folleto da exposición. Neste sendio, o director do museo destaca que "un aspecto fundamental é a idea do museo ou centro de arte como lugar de encontro, que esta exposición está a potenciar: tanto na fase de preparación como na de montaxe favorece o encontro e intercambio".


En resposta a esta intención e seguindo a tendencia de moitos dos participantes a facer obras nas que predomina a acción e a adaptación ao contorno, moitos dos artistas optaron por desenvolver creacións exclusivas para a mostra. "Moitas das pezas fóronse creando paralelamente ao deseño e á execución da montaxe, un traballo en proceso durante o que artistas e obras invaden as salas de exposición e os espazos de tránsito de visitantes: vestíbulo, tenda-libraría, e rúas adxacentes", explica o MARCO. Deste xeito, moitas das obras inciden sobre a propia función do museo, a arquitectura do centro ou o propio mundo das artes. "Dentro das nosas posibilidades orzamentarias, intentouse que tiveran a posibilidade de desenvolver proxectos que serían difíciles de levar a cabo noutras condicións ou circunstancias", asegura Martínez Antelo..

Exemplos
Desta maneira, podemos encontrar cuartos do museo co seu espazo reconstruído por Pablo Orza, que tabica e redistribúe os lugares mediante a reciclaxe de obxectos sacados da súa propia casa e dos almacéns do propio museo. Dun xeito semellante, Rubén Santiago recrea no vestíbulo do centro o chan dun cuarto mediante a aplicación dun parqué feito a partir de táboas de somieres. O artista foi recollendo este material pola rúa e ordenándoo cronoloxicamente, e agora a súa obra irase modificando co propio paso dos visitantes. Berio Molina, pola súa banda, optou por colgar do teito un xigantesco fol de gaita, que permite ademais a interacción dos visitantes que o poden apertar e facer sonar. Na mesma sala, Rubén Ramos Balsa recrea unha orquestra de músicos de rúa en pequenas pantallas. As opcións son múltiples.

Mútiplicidade urbana
A variedade de formatos nos que se amosan as propostas destes novos artistas levou a que a organización establecese tres ámbitos separados para a iniciativa. Deste xeito o Espazo Anexo do MARCO acolle, de xeito paralelo á exposición principal, "Videourbanitas", unha mostra de traballos desenvolvidos en formato audiovisual.
Pola súa banda, o patio da planta baixa deste centro será o escenario de "Urbanitas a escena", un exemplo de accións, concertos e performances que se desenvolverá unha vez ao mes. O grupo "Telémaco" de Lugo, xunta co Dj Ningunos, abrirá este espazo o mesmo día da inauguración. A eles seguiranos o vindeiro tres de marzo os grupos O Fillo Pausado e mais Jimenez del Oso, acompañados de DJ Dose. Por se fose pouco, unha das sesións do Festival de Inverno Sinsal desenvolverase tamén neste patio, completando o panorama multidisciplinar da disciplina.

Futuro novo
Preguntado polo xeito en que esta mostra representa o rumbo que o novo director lle quere dar ao MARCO, Martínez Antelo apunta que, ao seu ver "un centro de arte contemporánea ten a obriga de estar atento ao que acontece na creación do seu tempo e do seu contexto, de investigar e mostrar o que está a suceder aquí e agora, de asumir riscos, de encher certos baleiros na percepción, no coñecemento ou na difusión da obra de artistas emerxentes". Neste sentido, anuncia ademais a vindeira convocatoria dun certame para novos comisarios, prestando así atención a outros ámbitos non estritamente creativos do mundo artístico. A formación ocupará tamén un lugar destacado na vindeira programación do centro. "A miña intención é facer máis talleres de artistas, que son un bo soporte para futuros creadores e unha oportunidade para o contacto directo con profesionais. Continuaremos coa liña de programación do Espazo Anexo, ao que quero dar máis proxección". O Proxecto_Edición, que acaba de se pór en marcha en colaboración con CGAC e coa Fundación Luís Seoane, é outro dos avances das futuras liñas de programación do centro.

Visitas
En resumo, quen se achegue a Vigo poderá contemplar unha panorámica sobre as creacións máis actuais do noso arte. Obras exclusivas e propostas do máis variado que, de certo non deixarán indiferentes aos visitantes. É de agardar que o eco desta actividade permita tamén que moitos destes creadores se dean a coñecer tamén no exterior. "Teño que dicir que a mostra está suscitando un enorme interese dentro e fóra de Galicia. Xa son moitos os comisarios, directores doutros museos, e galeristas que amosan o seu interese e que pensan achegarse ao MARCO para ver a exposición", recoñece Martínez Antelo.

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Graffiteiros, instaladores, artistas...todos están a preparar nas instalacións do Museo MARCO de Vigo as máis de trinta obras que compoñen “Urbanitas”. Esta mostra é unha gran exposición de novos creadores galegos centrada no concepto da cidade como arma creativa. Entramos no backstage para ter as primeiras imaxes das súas obras de arte e Xosé Manuel Lens comentános as características de cada obra.

A inauguración de “Urbanitas” será o 3 de febreiro.
Fotos: MARCO e Xosé Manuel Lens

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Amaya González Reyes
“O seu traballo fusiona a intervención corporal, a acción co resultado máis físico e escultórico...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas



Foto: MARCO

Antón Cabaleiro
A ollada panorámica e fragmentaria do entorno público...

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Carme Nogueira
“Facer da fotografía un compromiso e unha alteración social...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Herminia Basalo + Chiu Longina + Berio Molina
“A contaminación da tradición, da baixa cultura coa arte máis experimental...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Pablo Pérez
“Expandir unha obra por todos os fragmentos mediáticos e publicidade do Museo...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Planos do "Tanque floral 55" de Pancho Lapeña
“Cando o bélico se enfría nas mans do ebanista...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Final do "Tanque floral 55" de Pancho Lapeña

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Rubén Ramos Balsa

“O encontro casual dun músico na rúa resulta logo nunha sinfonía museística...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: MARCO

Suso Fandiño

“Bruce Nauman nunca imaxinou a lonxitude do seu chorro de auga...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Pablo Orza

“A reciclaxe e o meu feito habitación...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Berio Molina

“Unha das mellores lecturas da tradición musical, os usuarios poden manipulala e extraer a súa música...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Chiu Longina

“A morte tamén é anónima...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Rubén Santiago

“Un proxecto de recollida de somieres que comezou hai anos e hoxe resulta unha chiscadeira inestable...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Carlos Maciá

“Cando a pintura se escribe nos teitos...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Sala de graffiti (El Tiñas, Kiko, Nano 4814, Pelucas, Tay)

“Cinco escritores urbanos debatendo nunha mesma sala do Museo, atopándose e dialogando...”

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Graffiti .:1

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Graffiti .:2

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Graffiti .:4

Entramos no backstage de Urbanitas

Entramos no backstage de Urbanitas

Foto: Xosé Manuel Lens

Graffiti .:5