O xurado da quinta edición do certame que convoca a Fundación Plácido Castro, presidido por Francisco Fernández Rei, escolleu a tradución de “Breviario do pensamento clásico chinés”, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla e a tradución de “A herdanza dos caracteres adquiridos” de Michel Delsol por Iolanda Galanes Santos como os traballos merecedores do premio dotado con 3.000 euros. Foron declarados Finalistas, Ramón Iglesias, pola tradución de “A Casa de veraneo de Kneller”, de Ha-Kaitanah Shel Kneller, primeira tradución do hebreo ao galego; e Xoán Garrido, pola tradución de “Historia de Shoah”, de Georges Bensoussan. O certame recibiu vintetrés obras de tradución este ano. O premio será entregado o próximo 28 de xaneiro en Cambados, vila onde faleceu Plácido Castro.
Máis información en Galicia Hoxe