Xela Arias comparte a titulo póstumo o IV Premio de Traducción Plácido Castro con Moisés Rodríguez Barcia

IV Premios Placido Castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Reunido en Baiona, o xurado da IV edición do Premio de Traducción a obras traducidas e publicadas na Biblioteca Virtual Bivir.com, que convoca a Fundación Plácido Castro, concedeu o galardón ex aequo a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. A Xela Arias pola tradución de “O Spleen de Paris” de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia, actual coordinador do Cartafol de Libros de Vieiros, pola tradución de “Do asasinato considerado como unha das belas artes” de Thomas de Quincey. O premio será entregado o 28 de xaneiro en Vilagarcía. Igualmente, a Fundación convoca en Vigo a VI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro na Casa Galega da Cultura, para abordar o significado de Plácido Castro no panorama da tradución en Galicia.

Máis información en Vieiros
e as obras premiadas en Bivir

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Xela Arias, Tradución, Vieiros...