Laureano Araujo gaña o Premio de Tradución Plácido Castro

A tradución dun relato de xénero policial do suízo Friedrich Glauser consegue a unanimidade do xurado

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Foto: Fundación Plácido Castro

Foto: Fundación Plácido Castro

O escritor, profesor de alemán e politólogo Laureano Araujo (Berna, 1964) ven de acadar o Premio de Tradución Plácido Castro na súa XIXª edición polo seu traballo coa obra Schlumpf, Erwin: Homicidio do escritor suízo Friedrich Glauser (1896-1938). O premio, outorgado pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos co obxectivo de recoñecer a mellor tradución ao galego publicada nese ano na Biblioteca Virtual BIVIR, ten unha dotación de 2.000 euros e inclúe un diploma acreditativo e unha estatua conmemorativa. Esta edición corresponde coa décima novena vez que se outorga este premio pero correspondíalle ser a vixésima, toda vez que o pasado ano foi cancelada a súa convocatoria por mor da situación pandémica. A data e lugar da entrega do premio daranse a coñecer pola Fundación.

Glauser está considerado un dos pais da novela negra en lingua xermana e un renovador do xénero e o xurado decidiu por unanimidade recoñecer este traballo de Araujo, que supón a primeira tradución ao galego deste escritor. Schlumpf, Erwin: Homicidio, se considera a mellor novela policial en lingua alemá. Sobre a obra premiada o xurado destacou a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego. Igualmente chama a atención sobre a dificultade de incorporación dos dialectalismos propios do cantón alemán de Suíza, así como o recurso ás notas a pe de páxina que axudan a contextualizar a obra.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Plácido Castro, Xénero, Asociación de Tradutores Galegos...