O premio de tradución Plácido Castro ten como obxectivo destacar a calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual, bivir, publica periodicamente na rede. Nesta súa terceira convocatoria o recoñecemento e o premio dotado con 3000 euros foi por unanimidade para Emma Lázare polo seu traballo de tradución do relato Eugenie Grandet de Honoré de Balzac. O xurado, que se reuniu o 17 de xaneiro en Baiona, estaba composto por Antón Santamarina (Real Academia Galega), Xulián Maure Rivas (Fundación Plácido Castro), Xesús Pablo González Moreiras (Xunta de Galicia), Xosé María Gómez Clemente (Asociación de Traductores Galegos), Ana Luna (Universidade de Vigo) e Alberto Álvarez Lugrís (Secretario da Asociación de Traductores Galegos). O xurado tamén estabeleceu como finalistas a Xavier Rodríaguez Baixeras pola tradución das dúas primeiras xornadas de O Decamerón de Bocaccio e a Sandra Sanmiguel polo traballo realizado coa obra de Henry James A Besta da xungla.
Máis información no web da Fundación Plácido Castro
Le as obras concorrentes en Bivir.com