Un equipo da Universidade de Santiago descobre un xene que protexe contra a artrose

O xene galego da artrose

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Juan J. Gómez-Reino e mais Ángel Carracedo son os responsables do equipo de investigación que acaba de identificar un xene que protexe contra o desenvolvemento da artrose en xeonllos e cadeira. Este grupo da Universidade de Santiago de Compostela contou co apoio financeiro da Fundación Barrié, que xa anunciou que continuará a custear o proxecto. A intención destes doutores é analizar o mecanismo polo que este xene actúa para desenvolver posibles tratamentos contra a enfermidade.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Galicia Hoxe, Fundación Barrié, Universidade de Santiago de Compostela...