Xosé Bustelo, membro do Centro de Investigador do Cancro de Salamanca, acaba de descubrir que a proteÃna Vav2 regula o mecanismo da tensión, o que supón un avance importantÃsimo no tratamento da hipertensión arterial. Ao tempo, os doutores Juan Manuel Outomuro e Javier Vadillo reciben hoxe un premio da Real Academia de Medicina de Cádiz polo novo método de diagnose da epilepsia que desenvolveron. Pola súa banda, desde a Unidade de Investigación do Hospital Juan Canalejo, anuncian que acaban de identificar as 29 proteÃnas que causan a artrose. Por se fose pouco, o Doutor Ramón Cacabelos acaba de facer pública unha lista de 200 xenes relacionados co Alzheimer. Toda unha serie de descubertas neste primeiro mes do ano.
Máis información en La Voz de Galicia sobre a hipertensión; sobre a epilepsia; encol da artrose en El Ideal Gallego sobre o Alzheimer na Axencia Galega de Noticias