O Conselleiro de Medio Ambiente anuncia un novo plan de tratamento de residuos para o sur do país

Outra SOGAMA posible

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A incapacidade da planta de tratamento de residuos da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) para procesar todo o lixo do país está a levar á Xunta a buscar alternativas. Deste xeito, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou a creación dun novo plan de tratamento que centralizará os residuos do sur do país e que incidirá en propostas alternativas á incineración. Vázquez asegurou tamén o seu apoio a técnicas coma a compostaxe e asinou onte un convenio co Concello da Coruña para colaborar no tratamento do lixo con este sistema.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, La Opinión, Concello da Coruña, La Voz de Galicia