O novo plan de residuos da Xunta contempla ata un 15% de transformación de lixo en compost

Compost, agora si

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Ata un 15% do lixo urbano xerado en Galicia transformarase en compost de se cumprir as previsións do novo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. Aínda que a base do plan seguirá sendo a incineración dos restos, o goberno prevé agora potenciar a planta de Nostián, na Coruña, para incrementar a produción deste abono orgánico. O conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, recoñeceu que para o 2007 a planta de SOGAMA en Cerceda alcanzará o límite da súa capacidade e haberá que buscar alternativas para o lixo.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Barreiro, El Correo Gallego, A Coruña, Cerceda

Claves

Protagonistas
Entidades