Kalandraka consegue dúas mencións ao deseño e unha á ilustración nos premios Daniel Gil

Dous deseños e un debuxo

A editora galega Kalandraka conseguiu tres premios dos catro aos que optaba no certame de deseño editorial Daniel Gil. "A verdadeira historia de carapuchiña" e "Renato" foron as obras que levaron, respectivamente, o primeiro premio e un diploma na categoría de libro infantil. A "Carapuchiña" fíxose tamén cun diploma ao mellor debuxo polo traballo de Marc Taeger. A editora concorría ao certame coas edicións que fixo a súa división andaluza, que contan con versión en galego.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe; e no web dos premios