Aínda que leva un mes en marcha, será despois do verán cando apreciaremos o novo estilo do CGAC. O que impulsa Manuel Olveira (Porto do Son, 1964) o novo director do centro que leva un mes entrevistándose con todas os axentes do sector artístico. Un carácter dialogante de quen pensa que os números deben deixar paso a unha cultura marcada pola calidade e por proxectos que se continúen no tempo.
Este licenciado en Belas Artes, Xeografía e Historia chega a Santiago cun longo percurso ás súas costas, entre as que figura a dirección de Hangar, o centro de produción de artes visuais e multimedia de Barcelona. Regresa a un CGAG que coñece ben, no estivo ata o 2001 como xefe do servizo pedagóxico. Precisamente outra das súas especialidades porque ao seu doutoramento no campo da aprendizaxe e ensino das artes visuais engádeselle unha interesante traxectoria docente.
¿Leva 4 anos fóra, vén de dirixir un centro tan diferente ao CGAC como é Hangar, como se ve na distancia a situación da arte actual?
Realmente eu nunca me fun porque mantiven lazos profesionais e persoais con Galicia. En todo caso, desde a distancia, o cambio que se está a producir na cultura galega paréceme estimulante. Sobre todo polo simple feito de que se estean a mover moitas cousas. Ademais, ese cambio tamén me afecta, en tanto en canto debo asumir a miña parte de responsabilidade dentro das transformacións.
E dentro desa perspectiva ¿como asumes a organización do centro? Hai que ter en conta o problema laboral, aireado por todos os medios e, polo outro, o cambio da figura xurídica.
Non hai unha conversión do CGAC en Fundación tal e como se ten publicado, nin tampouco ningunha decisión tomada sobre a figura a crear. Ata o momento só hai unha vontade de traballo para reconverter a personalidade xurídica. A idea de fundación é unha das posibilidades que se barallan, como podería ser a fórmula do instituto, de entidade autónoma ou moitas outras. Iso si, a personalidade xurídica do CGAC ten que cambiar para adecuarse a unha situación diferente de cando foi creado hai doce anos. Daquelas non existía nin o MARCO, nin a Fundación Seoane e desde entón déronse numerosas transformacións sociais, políticas e económicas. O cambio garante unha xestión flexible, eficaz e rápida, para adaptarse ás necesidades da cultura contemporánea e iso é algo que me parece moi importante.
¿Con respecto a o outro tema, o de persoal?
Por primeira vez desde que se creou o centro, o persoal do CGAC está normalizado. A día de hoxe, a metade do persoal está en condicións regulares de traballo e a outra metade estarán colocados no seu posto a mediados de marzo, logo do seu obrigado paso polos tribunais. Por primeira vez na historia do CGAC non hai ningún traballador contratado, xa non só de forma ilegal, senón irregular.
___
POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CGAC NON HAI NINGÚN TRABALLADOR CONTRATADO DE FORMA IRREGULAR
__
¿Que criterios de programación vai a seguir o CGAC, agora nesta nova etapa que se abre?
0s criterios de programación están baseados en crear contexto. O que non significa só traballar cos veciños, senón xerar redes de traballo, de colaboración que se traduce que nos organizaremos en proxectos. Iso quere dicir que non será unha mostra que está tres meses e logo remata, senón que as liñas de investigación serán continuadas no tempo. Nese proceso, a exposición será un dispositivo máis de visibilización do labor da xente implicada. Pero será un de tantos, e haberá equipos de traballo que terán momentos á vista e outros nos que serán internos. Hai unha cousa clara: incidiremos moito na produción, na investigación e en formas de traballo a longo prazo. Isto permitiranos afondar en cuestións determinantes para a cultura galega como pode ser a cuestión da paisaxe, entendendo por tal a arquitectura, a natureza, a cultura material, as formas de vestimenta e as formas de relación co público, etc.. Ou, por exemplo, facer unha xenealoxía da capacidade dialóxica da cultura como unha forma de diálogo intersubxectivo e interxeneracional e ser capaz de reconstruír eses diálogos entre diferentes artistas e elites culturais. Unha desas liñas que veremos moi de contado terá que ver coa edición.
¿Podes concretar un pouco máis este proxecto?
A principios de setembro comezaremos un proxecto que é o Proxecto edición no que traballaremos este campo pero desde o lado dos artistas, como soporte creativo e artístico. Nese sentido traballaremos con artistas, con deseñadores, con xornalistas, con creadores nun proceso creativo e valorativo para desenvolver todas as temáticas vinculadas á construción da información, á edición e tamén á capacidade de intervención dos artistas nos medios de comunicación.
As últimas cifras revelan un descenso do número de público ¿de que forma pretendes achegar o CGAC ao público?
O número de visitantes do CGAC ten baixado e, obviamente, unha das funcións dunha institución como esta é poñer en relación as producións e as investigación no eido da cultura con ámbitos amplos e diversificados do público. Creo que este interese entra dentro da lóxica do tipo de traballo que estou a describir. De feito, o tipo de proxecto vai definir a súa relación co público e será moito máis intensa. Ademais, creo que o CGAC, co tipo de proxectos, de sinerxías e de retroalimentacións que imos desenvolver conseguirá espertar o interese de sectores diversificados de público. Por outra parte, penso que en arte e en cultura o tamaño non importa, porque creo que non é tanto a cantidade como a calidade. Prefiro un tipo de público fiel, que estea interesado, que veña sistematicamente ao CGAC, que se sinta identificado e que atope nel o reflexo da súa subxectividade e non un público pasivo que vén arrastrado polos medios.
Miguel Fernández Cid, o anterior director pensaba que o CGAC estaba máis próximo á idea de museo que de centro de arte...¿en que liña se sitúa a nova dirección?
Eu creo que o traballo en cultura é acumulativo e que, polo tanto as diferentes visións e proxeccións do traballo que se desenvolve nunha institución a enriquece. Pero falar de museo ou de centro de arte son palabras ocas e dáme igual que se chame dunha forma ou doutra. No CGAC tentaremos facer que a infraestrutura de traballo xere liñas de investigación e de produción que teñan dous piares básicos; dun lado a colección do CGAC e do outro as exposicións temporais relacionadas ás actividades e ás edicións. Todo isto conformará un corpo de traballo e de investigación que se lle poderá acabar chamando museo e centro de arte. Algunhas veces o CGAC será museo, porque traballará desde o punto de vista dunha colección, e outras veces será centro de arte, porque retroalimentará a produción contemporánea mediante proxectos ou exposicións temporais.
Acaba de dicir que un dos piares da liña de investigación pasa pola colección CGAC ¿que criterios se van aplicar?
Se un analiza a miña traxectoria persoal dáse conta que nunca traballei cunha colección polo tanto non me podo pronunciar ao respecto. Levo un mes aquí e aínda é cedo, pero si me estimula o feito de traballar cunha colección. Na miña mesa hai un informe (levántase e ensina un documento) que explica como está a colección a novembro de 2005. Paréceme unha parte fundamental e, hai que ter en conta que o CGAC ten unha responsabilidade de aquilatar o patrimonio contemporáneo a nivel autonómico, da mesma vontade expresa que hai pola miña parte de traballar a colección como un piar fundamental de traballar pola colección.
¿Contempla, dentro do seu proxecto, a perda de fondos de ARCO?
Hai que pensar que o CGAC ten amosado esa colección en numerosas ocasións e, polo tanto, penso que o centro non perde nada. Ademais, todo eramos conscientes de que esa colección nunca foi do CGAC e o seu depósito temporal. De momento, malia que a prensa manexa datas, non as hai, nin para quedarse nin para saír. Oficialmente non recibín ningunha comunicación oficial ao respecto, e mentres non a teña non podo dicir que concluira.
_______
OFICIALMENTE NON HAI NINGUNHA COMUNICACIÓN OFICIAL QUE POÑA DATA Á DEVOLUCIÓN DOS FONDOS DA COLECCIÓN ARCO
______
Reuniuse esta mañá con Silvia Longueira, directora da Fundación Seoane, falabamos antes do MARCO ¿como se van manexar as relacións con outros centros?
As relacións con outros centros son fantásticas e hai proxectos de colaboración enriba da mesa. En todo caso hai que puntualizar que se trata de coproducións e de colaboracións non de alianzas. Cando haxa un proxecto polo cal temos que traballar coa Seoane, traballaremos con ela e, cando haxa un proxecto que pola súa dinámica e a natureza nos leva a negociar co MARCO farémolo. Pero non só con centros de grandes dimensións, será igual cun museo pequeno ou cunha pequena asociación. En todo caso, o proxecto será o que determine o grado de colaboración e retroalimentación pero isto non exclúe un elemento básico e principal como é a comunicación. A colaboración e a coprodución terá como marco de referencia o tipo de proxecto que imos facer pero a comunicación está garantida con todos os estamentos e axentes culturais.
O teu nomeamento foi diferente ao que é a tónica habitual nos últimos tempos en canto a dirección de centros de arte que se fai por concurso de méritos ¿implicou iso algunha consigna?
En primeiro lugar, estou completamente de acordo cos concursos de méritos, aínda que non garanten nin un bo proxecto nin unha boa dirección. No meu caso foi un nomeamento pero si algo teño demostrado ao longo da miña traxectoria profesional é independencia; que mesmo me ten costado o posto de traballo en máis dunha vez. Por iso, a ese nivel non teño ningún tipo de medo a que poida haber ningún tipo de consigna nin de inxerencia. Creo que na Consellaría analizaron a situación galega, determinaron a onde querían ir coa cultura galega e foron consecuentes na súa elección. No caso do CGAC en particular, creo que falaron con moita xente, analizaron moitos perfís e, supoño que o meu perfil foi o que consideraron máis axeitado. Creo que o encargo é basicamente é ter activo o centro porque penso que o que eles determinaban que estaba cunha tónica de actuación baixa.
En canto aos artistas galegos ¿que papel van desenvolver nesta nova dirección do CGAC?
Está relacionado coa idea de contexto á que me referín antes. Non se trata de traballar co veciño senón de xerar sinerxías, plataformas de traballo e todo o que incide no proxecto e nas redes de traballo que afondan nunha liña de investigación. Por iso, haberá galegos ou non, haberá máis ou menos, pero o que podo asegurar é que non haberá nin cupos, nin cotas restrictivas, nin discriminación positiva nin nada que se lle pareza. Haberá artistas intelixentes, traballos interesantes, obras ambiciosas e proxectos innovadores.
____
CREO QUE EN GALICIA FALTAN ALGÚNS CENTROS E DISPOSITIVOS PARA QUE O TRABALLO DOS ARTISTAS POIDA TER UN HORIZONTES DE PRODUCIÓN E DE CALIDADE SUPERIOR
____
E seguindo co tema, como ves a situación da arte galega actual, a xente que sae da facultade de Belas Artes que para ser valorada ten que saír fora.
Hoxe en día a situación galega ten unha serie de mecanismos homologados e homologables para a promoción, creación e difusión da presenza galega. Non temos a tradición para conseguir unha maior difusión como tampouco temos os mecanismos que hai noutras comunidades como son os centros de produción, documentación, mediatecas... creo que en Galicia faltan algúns centros e dispositivos para que o traballo dos artistas poida ter un horizonte de produción e calidade superior. Aínda que son moi crítico, detecto unha vitalidade, unhas ganas e unha personalidade moi boa neste momento. Penso que hai que incidir no tema da producion, porque me parece unha parte importantísima e o principal cabalo de batalla desta institución. Se conseguimos incidir na produción e na difusión creo que teremos unha escena realmente operativa.
¿Parécenlle máis relevantes as bolsas ou os premios á hora de fomentar á creación artística?
Hai moitos tipos de premio, uns avalan a traxectoria, outros a iniciación... pero eu creo que son moito máis operativos as bolsas de produción que os premios. O importante é que haxa unha retroalimentación económica cando a actividade e o proxecto do artista así o mereza. No fondo dáme igual como se lle chame, bolsa ou premio, o que importa é que reverta nun traballo, nun proxecto, nunha idea e nun desenvolvemento. Creo que hoxe os dispositivos de produción dunha obra son decisivos para que se poida subir o horizonte e a ambición dun proxecto. A idea dun artista pode ser moi boa e se na resolución material non está ao nivel do horizonte conceptual a obra perde.
Xa para rematar, unha cuestión máis concreta ¿O CGAC contará cun novo sitio web?
Sobre a mesa tiña dúas opcións. A primeira facer un amaño para o actual web ou agardar un pouco máis e ter un proxecto definitivo. Prefiro aforrar os cartos e non optar por unha reforma e agardar a facer un novo sitio web. É un obxectivo importante pero non é o urxente. É importante e polo tanto se lle vai dar tempo para que logo sexa unha web que nos represente, operativa, funcional e cargada de información e que intentaremos solucionar pronto.