A pintura impresionista enche Galicia. En Pontevedra da man da Fundación Caixa Galicia, en Santiago coa Fundación La Caixa e na Coruña coa Fundación Barrié. Desde Toulouse Lautrec ata Vasili kandinsky un dos movementos máis coñecidos da arte internacional anega Galicia. Unha casualidade pouco casual.
Que tres entidades financeiras (Barrié, Caixa Galicia e La Caixa) acheguen no mesmo momento tres mostras do mesmo movemento (o impresionismo) é froito da casualidade. Que sexa sobre un movemento tan popular non o é tanto. A obra social das fundacións parece coincidir cunha aposta da institución privada por ofrecer mostras que consigan levar o público ás salas. Unha intención que se vale da programación de exposicións temporais de pintura de interese histórico. Algo semellante ao que fixo no seu momento o Instituto Valenciano de Arte Moderno cunha mostra sobre JoaquÃn Sorolla ou o Thyssen cunha liña expositiva que conseguiu callar no público, batendo marcas de asistencia.
As diferencias
O impresionismo é, desde a súa orixe, un movemento moi popular. Pero aÃnda que os nomes máis coñecidos da vertente francesa son Toulouse Latrec, Claude Monet, Paul Cézanne ou Paul Gauguin, hai moitas figuras máis. Por iso, cando un se achega a descubrir a exposición “Impresionismo. Obras mestras do Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud” que a fundación Barrié presenta na Coruña descubre moitos deses artistas que contribuÃron ao desenvolvemento do movemento vangardista.
Algo semellante acontece en Pontevedra coa Fundación Caixa Galicia, con “A pintura impresionista rusa. Entre o realismo e a vangarda”, unha mostra que chega do Museo Estatal Ruso de San Petersburgo e que reflexa a entrada da creación rusa nas vangardas europeas. Por iso, aÃnda que Kandinsky é o reclamo para visitar esta mostra que se exhibe no Café Moderno, cando un se achega ata a mostra poder apreciar un VasÃliev moi plástico, un Servo elegante e introvertido, un Korovin sosegado e os refinamentos de Grabar. Ou, por completar o exemplo, na mostra “Deseñadores para un mito. homenaxe a Toulouse Lautrec”, pártese do reclamo do coñecido artista francés para reflectir as distintas tendencias contemporáneas do deseño gráfico con mostras con obras de Javier Mariscal, Isisdor Ferrer, Anthon Beeke ou Alán Fletcher, entre outros moitos.
As similitudes
Certo é que as tres mostras presentan puntos diferenciados en canto o obxecto da súa mostra que, lonxe de repetir a presenza dos mesmos autores, que ofrecen visións complementarias sobre o mesmo movemento. De feito, se alguén decide facer estes dÃas unha viaxe de Pontevedra á Coruña (ou viceversa) poderá obter unha visión moi completa do impresionismo.
Pero as tres dan pé a falar dunha nova tendencia expositiva no paÃs. En primeiro lugar, a programación dun producto de calidade con moitos nomes coñecidos e de reclamo para o público. É evidente que falar de Tolouse-Lautrec é unha garantÃa para conseguir un bo número de visitantes e unha vez que se consegue o máis importante, que é que o público chegue á sala, se lle ofreza un abano de posibilidades moito maior do que poderÃa pensar.
En segundo lugar e directamente relacionado co anterior, as mostras chegan co aval e co apoio dunha boa colección. Neste caso o Museo Estatal Ruso de San Petersburgo, o Musée Toulouse-Lautrec, o Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud para reforzar o proxecto expositivo.
O contexto
Nos últimos tempos asistimos en Galicia a un incremento no número e na calidade das exposicións ao abeiro das fundación creadas polas entidades financeiras. A súa obra social vai acadando cotas cada vez maiores tanto de público como de representatividade das propias mostras.
O caso da mostra sobre Frida Kahlo é o exemplo máis recente e paradigmático deste contexto xeral. Supuxo un cambio de dirección na Fundación Caixa Galicia xa que programará cada ano dúas ou tres exposición destacadas. Unha tendencia semellante á da Fundación Barrié de La Maza que hai tempo que se iniciou con esta liña de traballo. E non só iso, ao lado do contÃnuum de mostras coherentes e de certa representatividade, a obra social financiera parece querer sumarse ao carro do panorama expositivo máis representativo do estado, programando mostras que creen expectativas no público. O tempo demostrará se se consolida esta tendencia.