Alfonso Zulueta de Haz presenta a actividade do Consello da Cultura ante a Comisión de Orzamentos da Cámara Galega

Consello no Parlamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello da Cultura Galega contará para o 2006 con 2.863.258 euros para desenvolver a súa actividade, un 17,5% máis que no actual exercicio. O presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz presentaba onte ante na Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia a proposta de gasto para o vindeiro ano e facía un resumo de actividades e de proxectos. Zulueta destacou o éxito de audiencia de culturagalega.org e anunciou que se porá en marcha a edición internacional do portal para o vindeiro ano. Apuntou tamén que o Consello elaborará o informe sobre a Cidade da Cultura que lle solicitou o Goberno Galego e que redactará o proxecto de catalogación dos fondos de RTVE-Galicia. Entre os programas previstos para 2006 o presidente apuntou a conmemoración dos centenarios dos nacementos de Xosé Filgueira Valverde e de Antón Fraguas Fraguas e os cincuenta anos do I Congreso da Emigración. Ademais destas iniciativas, o incremento dos recursos da institución destinarase a ampliar o cadro de persoal e a actividades de recuperación do patrimonio cultural. Os representantes dos tres grupos parlamentarios coincidiron en recoñecer a importancia do labor que desenvolve o Consello.

Máis información no web do Consello

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Filgueira Valverde, Xosé Filgueira Valverde, Antón Fraguas, RTVE...