O presidente do Consello da Cultura Galega rende contas ante o Parlamento do traballo da institución

O realizado e os proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, compareceu onte ante o Parlamento Galego para explicar o traballo realizado nos últimos doce meses por esta institución e presentar os novos proxectos que o Consello quere abordar de cara ao futuro. Entre os máis inmediatos, Zulueta anunciou a celebración do I Simposio Galego de Terminoloxía a partir do vindeiro seis de novembro e a organización do foro “Galicia, estratexias de futuro: novos espazos na sociedade global”, que se desenvolverá entre os días 12 e 14 do mesmo mes. Os tres grupos parlamentarios (PP, PSOE e BNG) destacaron e valoraron positivamente o labor desenvolvido polo Consello tendo en conta os seus ámbitos e competencias.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Consello

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Galicia Hoxe, PSOE, BNG...