O Consello da Cultura Galega celebra o seu vixésimo aniversario cunhas xornadas sobre as estratexias de futuro da cultura galega

20 anos de estratexias de futuro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O prestixioso filósofo Gilles Lipovetsky inaugura hoxe, ás sete da tarde, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, as xornadas “Galicia, estratexias de futuro: novos espazos na sociedade global”, cunha conferencia titulada: “Da postmodernidade á hipermodernidade: os novos xeitos de vida individualistas”. Lipovetsky é un pensador francés de sona internacional que traballou en profundidade sobre a moral e as transformacións dos valores individuais e colectivos na sociedade actual. As xornadas están organizadas polo tamén filósofo Antón Bahamonde. Entre hoxe e o venres disertarán no Consello da Cultura arquitectos como César Portela, o urbanista Jordi Borja ou o politólogo Fermín Bouza.

Máis información na web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, César Portela

Claves

Protagonistas