“Novos espazos na sociedade global” é un seminario no que se pretende analizar o papel que desenvolve Galicia nos contextos peninsular e europeo. A cita, que foi organizada polo Consello da Cultura Galega, está prevista para os vindeiros 12, 13 e 14 de novembro. O filósofo Guilles Lipowetsky será un dos asistentes ás xornadas que inauguran unha serie de actos conmemorativos dos vinte anos de creación do Consello da Cultura Galega.
Máis información no sitio web do Consello da Cultura Galega