O Consello da Cultura Galega (CCG) cumpre vinte e cinco anos. Por iso, o seu presidente, Ramón Villares, presentou hoxe unha serie de actividades que aproveitan esa efeméride e serven de reflexión sobre a cultura do paÃs. Baixo o tÃtulo “Crear cultura, imaxinar paÃs”, o CCG promoverá unha exposición (a inaugurar en Vigo no outono) e unha serie de foros relacionados cos ámbitos temáticos nos que a institución desenvolve a súa actividade. Estas xornadas, que se estenderán ao longo do ano, completaranse cun acto de carácter institucional e unha publicación sobre o Consello. O programa comeza o vindeiro 3 de abril co foro “Galicia na sociedade do coñecemento”.
Máis información no web do Consello da Cultura e no da celebración