Félix Duque inaugura o foro do Consello da Cultura Galega para reflexionar sobre a cultura

Sentido(s)

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)” é o título do foro que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) cun plantexamento plural e interdisciplinar para reflexionar sobre o que é a cultura. Coordinado polo profesor Ramón Máiz, o foro estenderase ao longo de todo o ano e marca un novo modelo de traballo para a institución. Tal e como apuntou na súa presentación o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, o CCG iniciará un novo estilo centrado en seminarios e foros que buscan unha participación máis activa por parte dos asistentes, ademais de colgar na rede os relatorios dos especialistas convidados. Félix Duque será o encargado de abrir o ciclo o martes 16 co relatorio “O neohumanismo da non cidade”.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Máiz, Ramón Villares