O Consello da Cultura Galega cumpre vinte anos enfrontándose aos novos retos que impón a sociedade

20 anos aconsellando

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Tal día coma hoxe hai vinte anos o Parlamento de Galicia aprobaba a creación do Consello da Cultura Galega (CCG). Cumpría así o previsto no artigo 32 do Estatuto de Autonomía que establecía a necesidade de crear unha figura que fose un corpo asesor e consultivo da Administración con capacidade de investigación e composto por representantes de distintas entidades culturais e persoeiros importantes na cultura galega. Vinte anos despois, o Consello asumiu os retos que figuran nos seus estatutos de converterse en organismo independente, ademais de atender ás novas inquedanzas da sociedade. Hoxe, a Comisión Executiva do Consello destaca nun comunicado a "actualización da cultura artística e humanística, a incorporación da ciencia e da tecnoloxía e o papel dos medios de comunicación e as tecnoloxías da información ao servicio de Galicia".

Máis información sobre o Consello da Cultura Galega no seu sitio web

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Tecnoloxía, Medios de comunicación, Ciencia...