Xosé López incorpórase á comisión executiva do Consello para asumir o incremento da actividade

Un vicepresidente XL

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Xosé López García (Cirio-Pol, 1956) é o novo vicepresidente do Consello da Cultura Galega. O xornalista e profesor foi elixido por unanimidade no pleno da institución celebrado o venres. O novo cargo, que asumirá tarefas directamente relacionadas coa xestión das novas tecnoloxías da información, amplía os integrantes da Comisión Executiva. Xosé López é un veterano xornalista que ten desenvolvido o seu traballo en numerosos medios de comunicación; como docente foi decano da facultade de Ciencias da Comunicación durante dous mandatos e actualmente dirixe o Observatorio de Comunicación Local e o Observatorio de Periodismo Electrónico e Multimedia. López está ligado desde hai anos ao Consello da Cultura Galega onde coordina a sección de Comunicación.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Xosé López García, Medios de comunicación