O Consello da Cultura Galega incrementa o seu orzamento un 16,3% e alcanza os 2,4 millóns de euros

Máis fondos para o Consello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, presentou onte na comisión de Economía do Parlamento os orzamentos desta institución para o ano 2005. Segundo as previsións, o Consello contará no vindeiro ano con 2,4 millóns de euros para financiar o seu funcionamento, o que supón un incremento do 16,3% sobre o ano anterior. Destes cartos, e seguindo a distribución de gasto habitual, destinarase un 35% a gastos de persoal, un 15% a gastos xerais e un 50% para investigacións e actividades culturais. Na súa intervención, o presidente destacou a importante repercusión pública que están a alcanzar o web corporativo do Consello, consellodacultura.org, e o portal culturagalega.org.

Máis información en Galicia Hoxe; e no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Economía, Galicia Hoxe, Culturagalega