Ata o 19 de novembro podemos asombrarnos coas intervencións no espacio de Rousse. Ilusións ópticas que crean volumes inexistentes, frescos nas paredes de edificos en ruÃnas. A interacción da pintura coa arquitectura acada a súa máxima expresión nas obras deste artista
Un xeito de actuación
A pesar de que a exposición sexa de fotografÃas, o auténtico traballo artÃstico de Georges Rousse é a transformación de espacios arquitectónicos. O artista escolle lugares próximos á demolición ou a transformación e, axudado por xente do lugar ou por estudiantes, realiza neles modificacións: abre muros, conecta espacios, introduce obxectos e pinta as paredes e o chan. Deste xeito acada espacios totalmente renovados e dun grande poder evocador, que plasma nas fotografÃas
Intervención no centro
George Rousse estará durante este outono no CGAC. Co gallo da Semana Cultural de Francia en Compostela, o artista realizará dúas mostras da súa arte dentro do propio museo, máis concretamente no hall de entrada e no "dobre espacio" do CGAC. Estes espacios veranse transformados por Rousse dentro da iniciativa "Interferencias", que pretende realizar exposicións en espacios que nun comezo non estaban destinados a este fin.
Primeira retrospectiva
A exposición do CGAC é a primeira retrospectiva de Rousse que se realiza no estado. O artista francés xa participara nun taller do centro en 1999, froito do cal realizou a serie de tres obras "Saint-Jacques de Compostelle". Con ocasión desta mostra, editouse a versión española-inglesa da monografÃa da súa obra, e un pequeno volume de textos en versión galega e española.