Berrogüeto e George Rousse converten Sargadelos nun proxecto artístico

Proxecto: Hepta

O parisino Gerge Rousse é coñecido pola reinterpretación de espacios artísticos en ruinas ou en vías de selo. E iso é o que fará co conxunto histórico artístico de Sargadelos conducido polo son de Berrogüeto. E a este espectacular proceso creativo chamaráselle Hepta (Sete en latín) que se materializará en diferentes soportes que darán lugar ó novo traballo do grupo Berrogüeto. Un proxecto no que leva traballando varios meses e que se presentará este sábado no propio complexo Sargadelos en Cervo.

Un proxecto creativo




Todos os soportes, CD-ROM, libro, imaxe, espectáculos, xira, web... servirán para plasmar o último proxecto de Berrogüeto. Baixo o nome de Hepta (que significa sete en latín) que tamén dá nome ó próximo traballo de Berrogüeto, recrearase un complexo artístico que presenta moitas novidades.

En primeiro lugar, George Rousse traballará con seres humáns e non con obxectos no recontrucción do seu espacio. En segundo lugar, Berrogüeto conseguirá un traballo que é moito máis que un disco.












Un convidado de excepción: George Rousse




George Rousse (París, 1947) é un artista internacionalmente recoñecido polos seus proxectos que teñen que ver coa reconstrucción en edificios abandoados ou en ruinas, ós que fotografía para reinterpretalos. O seu traballo implica sempre as mesmas fases: primeiro atopar un edificio que tras unha longa vida de uso estea abandoado. O segundo paso é elexir un espacio interior dese lugar a partires do que Rousse se converter nun re-constructor con novos espacios, con novos elementos e formas.










E un marco de luxo: o conxunto histórico de Sargadelos




E o espacio sobre o que George Rousse actuará ó son de Berrogüeto é o complexo histórico de Sargadelos sito en Cervo. Un espacio que responde á importancia que os artistas consideran que foi o xermolo do florecemento dunha renovada industria moi importante para Galicia, a partires da metade do século XX.