O Museo Sargadelos incorpora a casa de Díaz Pardo aos seus contidos

A vivenda do fundador no complexo de Cervo pódese visitar con cita previa

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A casa na que residía Isaac Díaz Pardo cando traballaba no complexo de Sargadelos en Cervo incorpórase ao proxecto museístico que a empresa desenvolve arredor da histórica fábrica. A vivenda, construída nos anos 70, pode se visitar dentro das visitas guiadas ás instalacións, e amosa o xeito no que vivía o fundador e histórico director deste proxecto.

O cuarto de Díaz Pardo, o seu estudio, os cuartos para familia e visitas, as cociñas e outras dependencias inclúense nun percorrido no que se poden ver múltiples recordos persoais que fan parte tamén da historia do complexo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Cervo, Isaac Díaz Pardo

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares