Santiago Olmo preséntase como novo director do CGAC

Participou na apertura da mostra Reflexións. Colección CGAC

16/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A inauguración da exposición Reflexións. Colección CGAC servía esta mañá como acto de presentación de Santiago Olmo como novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea. Olmo preséntase coa intención de desenvolver un programa a cinco anos no que se conxugue a arte internacional coas manifestacións artísticas galegas. A mostra, que se poderá ver ata o vindeiro mes de decembro de 2015, fai un repaso por dezanove autores que fan parte da colección do centro a través de 20 obras de vídeo, pintura, fotografía e instalación que se relacionan co concepto de Reflexión. Christina Ferreira, coordinadora do Departamento de Exposicións do CGAC, actuou como comisaria deste proxecto que estará aberto ata o vindeiro mes de decembro. Chema Alvargonzález, Jorge Barbi, Alberto Barreiro, Rui Calçada Bastos, Mircea Cantor, Tono Carbajo, Elena del Rivero, Florentino Díaz, DSK, Suso Fandiño, Joseph Kosuth, Eva Lootz, Alicia Martín, Asier Mendizabal, Álvaro Negro, Pamen Pereira, George Rousse, Eve Sussman e Peter Wüthrich.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Olmo, Eva Lootz, Peter Wüthrich, Pamen Pereira...