A Casa das Ciencias acolle unha mostra coas mellores ilusións ópticas do ano

A ilusión nas ciencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Aínda que a celebración na Coruña do Congreso Europeo de Percepción Visual pode non parecer moi interesante para o grande público, este evento achega á Casa das Ciencias unha curiosa mostra. As setenta e catro ilusións ópticas que participaron este ano ao certame internacional que organizan os especialistas do congreso poderán verse ata o vindeiro día trinta e un de agosto no edificio do Parque de Santa Margarida. Destas obras resultou finalmente premiada a proposta por Shapiro e Charles, consistente en dous círculos que parecen tremer ao lles mudar o fondo.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares