Fállanse os galardóns Luísa Villalta de normalización mentres Manuel Espiña é homenaxeado en Rianxo e se coñecen os premios Prisma

Premios de lingua e de ciencia

Beatriz Vilaverde e Sonia María Salcedo recollían a pasada semana o galardón que lles corresponde polo seu primeiro posto nos II Premios de Normalización Lingüística Luisa Villalta. O seu proxecto consistía nun programa de normalización destinado a estudantes estranxeiros, que se porá en marcha por parte do Servizo de Normalización da Universidade da Coruña, entidade que convoca o certame. Pola súa banda, o teólogo Manuel Espiña veu recoñecido esta fin de semana en Rianxo o seu traballo a prol do idioma ao introducir o galego na liturxia e traducir os Evanxeos. O Seminario Internacional de Tadución e Poética que se estaba a celebrar na vila serviu de marco para a homenaxe. Finalmente, e pola banda da ciencia, coñecéronse os gañadores dos premios Prisma, que outorga anualmente a Casa das Ciencias da Coruña. O Parque das Ciencias de Granada, o web caosyciencia.org e unha obra na busca dos orixes do home foron algúns dos traballos premiados.

Máis información no web da Universidade da Coruña , en Galicia Hoxe e no web da casa das ciencias