O CGAC remata o ano con catro novas mostras e unha intervención

Arte contempo... invernal

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Catro mostras de arte contemporánea e unha intervención do creador francés Georges Rousse son as propostas do Centro Galego de Arte Contemporánea para este inverno. Á selección dos fondos do propio centro e da Fundación ARCO que se presenta hoxe, uniranse o xoves os videos e fotografías de Sarah Dobais e de Florence Paradeis, e a partir do día 30, Mondophrenetic. Pola súa banda, o creador multidisciplinar Georges Rousse comezará hoxe unha intevención no propio edificio do centro.

Mostra de fondos


Unha selección dos artistas contemporáneos franceses e italianos presentes nas coleccións Fundación ARCO e CGAC abrirá hoxe o último ciclo de exposicións do centro este ano. Entre as obras que se exporán, as de algúns artistas que xa pasaron polo CGAC, como Penone ou Anselmo. Tamén se recuperarán intervencións feitas ex-profeso para o centro coma as de Cecchini ou Sighicelli.




Fotografía e video-creación


Sarah Dobai, fotógrafa e video creadora e Florence Paradeis, actriz nas súas propias fotografías, exporán a partir do día 23 a súa obra. Dobai crea na súa obra un universo de personaxes limítrofes e de paisaxes urbanas, con obxectos inanimados que se constitúen en protagonistas. Pola súa banda, Florence Paradeis busca o simbolismo da esceas máis comúns mediante unha posta en escea costumbrista na que ela mesma intervén como protagonista.




Mondophrenetic e intervención

Mondophrenetic, unha exposición sobre a desorientación e complexidade do mundo actual, iniciarase o trinta deste mes, e a partir de hoxe mesmo Georges Rousse, que tivo unha exposición en marcha ata onte, comezará unha intervención-obradoiro na entrada do CGAC coa mestura de arquitectura, pintura e escultura que o caracteriza.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Fundación Arco, Arquitectura, Exposicións...