AGAPI prepara un documento de propostas do sector da produción independente para presentar á Xunta

Tomando posición

14/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Tras reunirse nos últimos meses cos responsables da política audiovisual da Xunta de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) está a preparar un documento de propostas sobre o sector audiovisual dende o punto de vista das produtoras asociadas a esta entidade. AGAPI anunciou a convocatoria de eleccións para o vindeiro 28 de outubro co fin de nomear á nova Xunta Directiva antes de final de ano. “Na actual conxuntura de importantes cambios e avances no sector audiovisual de Galicia”, afirmou AGAPI nun comunicado de prensa, “AGAPI quere afrontar este novo horizonte definindo e traballando a prol dos obxectivos comúns da produción audiovisual independente”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Xunta de Galicia