Organizaron os primeiros premios do audiovisual galego, propuxeron a creación do Clúster, promoveron a aprobación da Lei do Audiovisual, achegaron á Xunta o seu "Plano estratéxico do sector audiovisual" para facer da produción de cine e televisión o que hoxe é. O sector débelle moito a Agapi, a Asociación de Produtoras Independentes que cumpre dez anos marcando un novo rumbo.
A día de hoxe Agapi é un dos baluartes sobre os que se asenta o audiovisual galego. Integra a 32 empresas entre as que están produtoras do calibre de Continental, Dygra Films ou Pórtico Comunicacións, que representan un importante volume de facturación do total das producións galegas. Naceu o 19 de decembro de 1994, tal e como dixeron na rolda de prensa de presentación dos actos do décimo aniversario, coa "convición de que Galicia podería ser unha fonte creativa e industrial desde a que facer medrar un sector como o audiovisual". E nese empeño concentraron os seus esforzos.
Durante estes dez anos loitaron por crear un Clúster, por aprobar unha Lei do Audiovisual Galego, por ser interlocutores válidos coa CRTVG para que se converterse no motor de arranque coproducindo, contratando e exhibindo o audiovisual galego. Moitas das súas reivindicacións, que formularon no "Plan estratéxico do sector audiovisual galego", xa están cubertas. Pero hai outras, que aínda que lle quedan por facer e que a ocuparán nesta nova etapa. Un ciclo que está marcado pola situación do audiovisual galego no contexto global, polo desenvolvemento de contidos enraizados no noso acerbo cultural nun mercado de consumo cada vez máis individualizado.
Para a vindeira década
Hai varios factores que Agapi ha de ter en conta a partir de agora. En primeiro lugar que non estará soa na súa loita en prol do audiovisual galego. Hai unha Academia, un Consorcio, unha Film Commission e un Clúster que, cada un desde o ámbito que lle compete, deben axuntar os seus esforzos na consolidación do sector. En segundo lugar, hai un novo panorama no que operar en Galicia. Avanzouno este fin de semana o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, ao anunciar a revolución da televisión dixital terrestre. Haberá catro canles autonómicas e oitenta locais nas que 60% do que se emita será de produción propia, segundo se fixo público tras a reunión do Consello Asesor do Audiovisual de Galicia ao avanzar as características das adxudicación das licenzas. Ábrese aquí todo un campo de traballo no que o audiovisual galego ten moito que avanzar.
En terceiro lugar, hai todo un mercado internacional sen explotar. O primeiro paso avanzouno o pasado mes de outubro cando acudiu ao MipCom de Cannes, un dos mercados da televisión máis importantes do mundo. Era a primeira vez que as produtoras independentes galegas daban o salto e se presentaban agrupadas nunha caseta propia. Foron Continental Producións, Ibisa Televisión, Anxo Fernández Producións, Aldea Films, Vaca Films Studio, Interación C.I.M. e Studio XXI. E o resultado non foi malo, están en fase negociación para a venda de producións. Por exemplo, o documental sobre o "Prestige" de Continental podería verse en toda Europa da man do Canal Arte e o programa de cociña "Au gourmand" poderá chegar a Australia, Singapur, Canadá e Gran Bretaña. Esta produtora tamén iniciou contactos con Double TV, afincada en París, para a venda de "Entre bateas", "Mar vermello" e "Paixón adolescente". "O agasallo de Silvia" de Vaca Films está en negociacións para que se vexa en Sudamérica, Japón e Suecia. Era a primeira experiencia do plan de internacionalización das empresas asociadas a Agapi, que acudían co Catálogo de Produción Independente, que recolle o máis destacado da produción de Agapi e que realizou no 2003 co apoio da Consellaría de Industria.
Axenda de celebración
Esta noite unha nutrida representación do audiovisual galego se sentará nunha butaca no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña para festexar a década desta asociación. Haberá un recordo das diferentes etapas e dos distintos atrancos que se tiveron que ir solucionando, así como dos fitos máis importantes como o acordo ao que se chegou no 95 coa Televisión de Galicia para a produción do que saíron series como "Pratos Combinados" ou "A familia Pita"; ou o convenio coa Asociación Galega de Editores para crear un fondo de obras da literatura para poder levar ao cinema. Como memoria gráfica de todo isto, haberá unha vídeomontaxe que se exhibirá nunha gala na que tamén soarán as pezas máis representativas das bandas sonoras de algunhas da súas películas máis coñecidas a cargo da Orquestra de Cámara Galega.
Ademais deste evento, a asociación festexará a súa primeira década de vida como non podía ser doutro xeito, con audiovisual. Por unha banda organizará un ciclo de cine itinerante que recollerán as producións máis representativas desta década e irá por A Coruña, Santiago, Compostela e Vigo. E pola outra, organizan unhas xornadas para analizar o desenvolvemento dos contidos para, como dixeron na rolda de presentación "entender o rumbo que tomará o desenvolvemento de contidos nun mercado de consumo cada vez máis individualizado" Estas sesións se desenvolverán os días 2 e 3 de decembro en Santiago e sentarán na mesma mesa a guionistas, produtores e realizadores.