A cidade olívica celebra o IX Festival Internacional de Vídeo

Védeo en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"Net.art ", un espacio que relaciona comunicacións, gráficos, e-mails, textos, sons e imaxes dun xeito interactivo dará o pistoletazo de saída ó "Festival Internacional de Vídeo e Novos Media" da Cidade de Vigo. A novena edición do certame levará do 19 ó 24 de marzo á cidade olívica o mellor da producción audiovisual multimedia.

Inauguración

A inauguración terá lugar hoxe ás seis da tarde na Casa das Artes con "Net.art" . Unha exposición que exhibe as posibilidades creativas do html. A esa mesma hora, na sala de Conferencias da Aula Sociocultural de Caixa Galicia terá lugar o comezo das proxeccións de vídeos en competición. E dúas horas despois, ás oito, James Wallbank do;Redundant Technology Initiative (Inglaterra) ofrecerá na sala de conferencias da Aula Sociocultural Caixa Galicia unha conferencia sobre os novos soportes e as posibilidades creativas na rede.


Proxeccións

Dende hoxe ata o vindeiro 24 de marzo a Sala de Conferencias da Aula Sociocultural de Caixa Galicia acollerá, en horario de cinco a oito, a proxección das diferentes produccións que se presentan en competición. Uns documentos que pretenden servir de mostra das últimas novidades na creación audiovisual.


Nove edicións

Van xa nove anos desde que en Vigo se creara este certame internacional. Un concurso que pretende premiar ós autores internacionais pola utilización creativa das tecnoloxías da comunicación. Dende un ano despois da súa creación, en 1990 o concello de Vigo forma parte da organización. Así, foron evolucionando e modificando algunhas das consideracións do certame, dándolle unha maior preferencia a Vigo, así dende a edición anterior (a oitava) se premia a mellor web realizada sobre Vigo.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Olívica, Caixa Galicia, Casa das Artes, Concello de Vigo...