A Cidade OlÃvica está a multiplicar nos últimos meses a súa presenza nos cadriños. Tres novos proxectos de banda deseñada retratan Vigo desde diferentes perspectivas e épocas. Deste xeito, Pedro Feijóo asina os textos de Pequena historia de Vigo, unha obra debuxada por Xosé Tomás e publicada por Edicións Embora.
O volume propón un repaso pola evolución da cidade desde as súas orixes ademais de atender a fitos históricos relacionados co deporte, coas letras, coa arquitectura, coa industria ou coa música ao longo do tempo.
Tamén cunha perspectiva histórica verá a luz en marzo La batalla de Rande. O guionista David Braña asina os textos deste álbum que anunciou Cascaborra Ediciones na súa colección "Historia de España en viñetas". Pablo Prado corre do debuxo deste proxecto, que repasa dun dos episodios históricos máis destacados vencellado á comarca viguesa.
Pola súa banda a editorial Elvira ten na rúa as seis primeiras entregas da serie Lucio Strada. Esta colección de cómic books de 24 páxinas segue as aventuras deste personaxe a tentar resolver un misterio que o leva polas principais localizacións da cidade nos nosos dÃas a atopar moitos dos personaxes máis populares da urbe. Para o comezo deste 2023 está previsto que saian outros seus números desta serie realizada por Alberto M. Soto e Iago Losada.