Pretende consolidar á cidade olívica como punto de referencia musical

Vigo estrena o seu "Festival Internacional de Música"

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

A mezzosoprano Jennifer Lamore e Antoine Palloc ó piano inauguran o programa do festival, deseñado polo director do conservatario da cidade e organizado pola consellería de Cultura. O Festival Internacional de Música conta cun orzamento de 62 millóns de pesetas.

Obxectivo: formar ó público


Formar ó público de cara ó futuro auditorio da cidade olívica é o principal cometido deste programa. Un obxectivo que xustifica o custe módico das entradas, que non superarán as mil pesetas. Ademais, o programa conta coa programación de ciclos didáctivos e formativos.




Rede de escenarios

O teatro Fraga, o conservatorio o pazo Quiñóns e a Colexiata son os escenarios habilitados para a celebración deste festival. Un programa que servirá de entrenamento do publico ata a construcción do auditorio para a cidade olívica.




Presuposto elevado

62 millóns de pesetas é o orzamento co que conta o Festival Internacional de Música de Vigo na súa primeira edición. Un presuposto que segundo Carlos Príncipe, concellal de cultura olívico, é variable, xa que teñen previsto aprobar os prezos máis baixos.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Olívica, Vigo, Consellería de Cultura, Teatro...