Antón Reixa inicia o luns en Vigo a rodaxe de "O lapis do carpinteiro"

Toda Galicia co carpinteiro

O próximo día dous de xullo dará o pistoletazo de saída a rodaxe da obra máis internacional de Manolo Rivas, "O Lapis do Carpinteiro". Unha producción que está a levantar moitas espectacións tralo éxito acadado pola novela. E é que para esta producción xa se manexan moitas datos, os 150.000 exemplares vendidos, a 15 reedicións da obra , a traducción a varios idiomas e un cartel de luxo: Luis Tosar, María Pujalte, María Adánez, Anne Igartiburu, Carlos Sobera, Sergio Pazos, Antón Reixa e Tristán Ulloa.

Tramas e actores



O filme trata a historia de amor entre a filla dun contrabandista fascista e un médico socialista, Daniel, prisioneiro durante a Guerra Civil. Un amigo do preso interpretado por Luís Tosar que vai trazando co seu lápis de carpinteiro o que se vive desde dentro: brutalidade, os fusilamentos.... E para todo isto cóntase coa participación de actores no que destacan Luís Tosar, María Pujalte, María Adánez, Anne Igastiburu e Carlos Sobera. A rodaxe está pevista que comece o vindeiro día 2. O proxecto, presupostado en 517 millóns, está coproducido por Morena Films, Portozás Visión, Sogecine, Telemadrid e Televisión de Galicia.


Prazos de rodaxe


Manolo Rivas non participou na elaboración de guión, porque segundo el, "non é bo recorrer dúas veces o mesmo camiño". O guión corre da man de Xosé Morais e Antón Reixa.
A rodaxe comezará o luns en Vigo e por diante quedarán nove semanas e media por múltiples escenarios de toda Galicia (Mugardos, Santiago...).


E máis teatro con Rivas

E Rivas continúa de pleno. Porque ademais do éxito que están colleitando as súas obras entre o público, e entre as adaptacións teatrais, hai que sumar unha nova. E esta é "Un millón de vacas" que a Aula de Teatro de Pontevedra ten preparado para o día 6 de xullo. A montaxe está dirixida por Anxo Lourido combina diversas historias baixo a idea da degradación do espacio e do carácter antropolóxico e humano da Galicia tradicional.