A obra de Sarabela teatro "O lapis do carpinteiro", baseada na obra homónima de Manuel Rivas acadou oito dos nove galardóns ós que estaba nominada, dun total de trece categorías.
As favoritas
A obra dirixida por Ánxeles Acuña e posta en escea por Sarabela Teatro acadou os premios ó mellor espectáculo teatral do ano 2000, á mellor dirección, actor protagonista, escenografía, texto adaptado, iluminación, vestiario e maquillaxe. A grande derrotada da noite foi a obra "A burla do galo" dirixida por Xan Cejudo para o Centro Dramático Galego, que non acadou ningún dos dez premios a que estaba nominada. Roberto Vidal Bolaño acadou o premio ó mellor texto orixinal pola obra "Criaturas" que tamén se viu recompensada na categoría de mellor actriz secundaria, premio que recaeu en Belén Constenla.
Outros premios
A mellor actriz do ano foi, segundo a Asociación de Acotres, Directores e Técnicos de Escea, Rosa Álvarez, pola obra "Compañía". Xosé Manuel Oliveira "Pico" obtivo o premio ó mellor actor secundario pola súa interpretación de Helicón en "Calígula" do CDG. A mellor música orixinal foi para a composición de Piti Sanz en "Ñiki Ñake" e a asociación cultural Abrente, que fundaou nos anos setenta a Mostra de Teatro de Ribadavia, recibiu o premio de honra Marisa Soto.