Morena Films e Portozás Visión coproducirán a obra de Manolo Rivas

O lapis de Manolo

Primeiro apareceu a novela; de seguido Sarabela Teatro fixo a súa adaptación para os escenarios; e agora Morena Films e Portozás Visión acaban de asinar un acordo para levar a obra de Manolo Rivas, "O lapis do carpinteiro", ás pantallas de cine.

Rodaxe



Morena Films e Portozás Visión acaban de asinar un acordo de coproducción, no que é posible que se integren diferentes productoras de Francia, Portugal e Reino Unido. Pola súa banda, Televisión de Galicia xa manifestou o seu interese na producción do filme, repetindo a experiencia que xa amosara con Lena, que coproducira con Portozás Visión. Polo de agora comezan os traballos de busca de localizacións e de selección de actores, mentres Antón Reixa e Xosé Morais ultiman o guión.



O lapiz de Manolo Rivas



1936. No cárcere de Santiago de Compostela un pintor debuxa o seu particular Pórtico da Gloria cun lapis de carpintero onde os profetas e a Orquestra da Apocalipse son os dos seus compañeiros republicanos de presidio. O seu gardián, o seu futuro asasino mírao fascinado… É a historia dun lapis que leva vendido máis de 50.000 exemplares e que leva xa 13 edicións. Traducido a varios idiomas, "O lapis.." confirma o prestixio internacional de Manolo Rivas.


Productoras

Non é a primeira vez que Portozás Visión desenvolve unha iniciativa deste tipo. De feito, no seu curriculum figura a longametraxe Lena, coproducida co Televisión de Galicia. Pola súa banda, Morena Films vén de participar en longametraxes como "Punto de mira" do galés karl Francis, "inferno" do portugués" Joaquim Leitao, "Gente de Pez" e nos programas Antena 3 Trip e El Rayo.