Preséntase en Francia a traducción de O lapis do carpinteiro

Le Crayon du charpentier: Manolo Rivas fala francés

Manolo Rivas está en francés. A súa exitosa novela O lapis do carpinteiro ven de se publicada no país galo de man da prestixiosa editorial Galimard. Ademais, Rivas é o único representante do Estado Español no encontro anual de escritores que organiza esta editorial . Durante esta fin de semana, o autor participará en dúas lecturas públicas da súa obra, na sé do Instituto Cervantes e no teatro Odeon.

Traducción ó francés




Manolo Rivas confírmase como un dos escritores galegos de máis prestixio internacional coa traducción ó francés da súa novela O lapis do carpinteiro. A prestixiosa editorial Gallimard traduciu do galego a obra que ostenta o récord de vendas de Edicións Xerais. Ademais, as principais editoriais europeas xa adquiriron os dereitos para publica-lo libro en diferentes linguas, logo de ve-lo éxito da traducción ó español feita por Alfaguara.












Encontro anual



O éxito de Rivas en Francia non se debe só á traducción do seu libro. Ademais diso, durante esta fin de semana participará nun encontro de vinte escritores europeos. Por se fose pouco, Manolo Rivas é o único representante do Estado Español nese encontro, elexido polo propio Ministerio de Cultura francés para representa-la literatura que se fai hoxe en día en España.




Éxito tamén en Galicia




Este recoñecemento súmase ós obtidos anteriormente polo escritor. Ademais de se-la obra galega máis vendida o pasado ano, o grupo Sarabela teatro fixo unha adaptación teatral con grande éxito de público e está en proxecto a adaptación cinematográfica dirixida por Antón Reixa.