Manuel Rivas deposita o manuscrito de En salvaxe compaña no Instituto Cervantes en Madrid

O Cervantes organiza un acto de cesión de fondos con escritores nas diferentes linguas do Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Unha pequena parte do legado literario de Manuel Rivas xa fica custodiado na Caixa das Letras do Instituto Cervantes de Madrid. Alí deixou o manuscrito dunha das súas novelas máis queridas, En salvaxe compaña, canda edicións en varios idiomas de O lapis do carpinteiroe e o poemario Mohicania. Rivas formou parte do grupo de seis escritores e tres editores que deixaron materiais na antiga cámara acorazada do Banco de España, onde hoxe se atopa o Instituto Cervantes en Madrid. Canda el, depositaron materiais escritores en euskera e catalán, como Bernardo Atxaga, Carme Riera, ademais de Luis Alberto de Cuencia, Cristina Fernández Cubas e Antonio Muñoz Molina.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Madrid, Escritores, Manuel Rivas...

Claves

Conceptos
Lugares