Un pacto transversal entre consellarías comprometerá ao goberno galego co sector do libro e a lectura

Pacto polo libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tras unha reunión da Mesa do Libro e a Lectura á que asistiu a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo acordouse establecer un pacto por este sector estratéxico que implique aos departamentos de Cultura, Educación e Industria, así como a administracións locais e sindicatos na defensa do libro e da lectura. A reunión de hoxe foi a primeira convocada polo novo goberno deste organismo que senta xuntos a representantes de todo o sector. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará indicou que a consellería “se vai mobilizar” porque se trata dun “sector estratéxico, unha cuestión de estado, que toca a cultura, o coñecemento, o acceso á información e tamén ten que ver co futuro da lingua galega e da nosa cultura”. Vanse impulsar tamén os traballos pendentes da Mesa: a Lei do Libro, o Plano de Lectura e a Lei de Bibliotecas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Galego, Ánxela Bugallo, Luís Bará, Lei do Libro...