Van xa máis de seis meses desde que a Xunta anunciase a súa intención de declarar a industria o libro sector estratéxico e de lexislar sobre esta cuestión. Desde aquela vanse sucedendo os anuncios de avances neste proxecto coas declaracións desde os diferentes sectores da industria sobre a grave crise que vive o sector. AÃnda que os traballos avanzan a bo ritmo, non cesan as alertas sobre os problemas e aparecen novos flancos que a industria apunta que non se poden descoidar. Polo de agora, queda clara o futuro desenvolvemento de dúas leis, unha especÃfica para o libro e outra dedicada ás bibliotecas.
A crise que o sector editorial galego está a denunciar nos últimos anos conseguÃa o pasado mes de maio a ansiada resposta que estes empresarios reclamaban do Goberno Galego. O anuncio feito polo presidente da Xunta, Manuel Fraga, e polo Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, sobre a futura declaración do libro coma sector estratéxico para a Xunta, situándoo ao nivel do audiovisual, deu na creación dunha mesa de traballo na que participan representantes de todos os sectores vencellados a este campo. Das discusións desta Mesa do Libro, constituÃda formalmente o pasado mes de xuño deberán saÃr os regulamentos que marquen o futuro do sector, entre eles a Lei do Libro.
O funcionamento
Segundo o publicitado no pasado mes de xuño, a mesa está organizada en tres comisións que se dedican respectivamente ao libro como industria, ás bibliotecas e ao libro e á lectura. Presidida polo conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, e con Celso Currás, o seu homólogo de Educación na primeira vicepresidencia, a directora xeral de Promoción Cultural, Mª Carmen GarcÃa Campelo ocupa a segunda vicepresidencia e Xavier SenÃn, subdirector xeral de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas encárgase da secretarÃa. Onda eles integran este equipo de traballo trece vocais e vinte representantes dos diferentes campos do sector e técnicos no mundo do libro. Deste xeito, editores, autores, libreiros, bibliotecarios ou ilustradores entre outros reúnense periodicamente para analizar a situación e decidir o futuro marco lexislativo do sector.
De cara a axilizar o traballo, non todos os sectores están representados en todas as comisións. Segundo o presidente da Federación de Libreiros, Xaime Corral, "os libreiros non están na comisión de bibliotecas para que non sexa multitudinaria, pero estamos informados constantemente do desenvolvemento dos traballos". Precisamente, é esta comisión unha das que ten máis avanzados os seus traballos, segundo apuntan os libreiros, a pesar de ser a última en se constituÃr, como lembra Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE). Os dous coinciden en apuntar que a intención da Mesa é que destes traballos xurda unha proposta de Lei do Libro e outra que regule o funcionamento das bibliotecas. "Neste momento as comisións están achegando documentación e experiencias doutras bandas, e vaise perfilando un pequeno borrador de anteproxecto para a Lei do Libro", apunta Corral, "está posto enriba da mesa pero aÃnda hai que traballar sobre el". A vindeira xuntanza desta comisión será o vindeiro trinta de novembro.
Seguimento
A importancia que esta iniciativa ten para libreiros e editores motivou que estes dous colectivos se teñan organizado nunha mesa de seguimento que vixÃa o desenvolvemento dos traballos da Mesa do Libro. "Creouse unha mesa de traballo entre libreiros e editores como dúas pólas do mesmo campo para chegar acordos pola vÃa do diálogo que dean en beneficios para todos", explica Fernán Vello. Esta mesa, que xa tivo varias xuntanzas, reunirase de novo antes do Nadal, "xa con documentación na man", apunta Corral. Alén deles, os diferentes colectivos implicados no proceso están a se preocupar por facer chegar á mesa de traballo as súas demandas e suxestións. Deste xeito, a finais do pasado mes de outubro a ConsellarÃa de Cultura destacaba que xa tiña recibido máis de dúas mil páxinas de informes sobre esta cuestión. "Todos os subsectores representados no grupo están a achegar información de xeito particular", sinala Corral.
Propostas: Editores
O primeiro colectivo en achegar publicamente propostas de cara ao futuro do sector foi a Asociación Galega de Editores, que xa o dÃa trinta de xuño daba a coñecer as "Notas de urxencia sobre situación actual do libro en Galicia". Segundo apunta Fernán Vello, "era un documento moi analÃtico que se fixo manexando datos tirados de información oficial e que se lle presentou ao presidente da Xunta". Neste documento analizábanse as cifras de consumo de libros e a evolución da edición en Galicia, apuntando un acusado descenso nas súas vendas (máis do catorce por cento, segundo a AGE). Onda isto denunciábase unha continua diminución das tiraxes de cada tÃtulo, un Ãndice de libros por habitante nas bibliotecas sensibelmente inferior á media europea (1,1 volumes por persoa fronte aos 1,9 da UE) e o problema que para o sector supoñen as medidas encamiñadas a garantir a gratuidade dos libros de texto.
Ante este sombrÃo panorama os responsábeis destas empresas reclamaban unha decisiva e urxente intervención pública. "Estas notas deben evidentemente ser contempladas nos traballos da comisión. Quedamos tamén pendentes dunha nova xuntanza que propuxo o presidente da Xunta, Manuel Fraga, na que deberÃan estar conxuntamente representates das consellarÃas de Educación, Cultura e Industria”. Desde aquela, a AGE continuou analizando e propondo novas ideas. "Pensamos que fai falla unha cámara do libro galego que nos represente e nos permita empregar para o libro as canles do comercio convencional. Os editores galegos participan cada vez máis en feiras internacionais, e queremos afondar niso, proxectalo no mercado exterior estando como estamos nun momento de globalización. Neste sentido pensamos en Brasil coma un mercado moi importante e con moitas afinidades, alén das óbvias no plano lingüÃstico".
Propostas: Libreiros
Desde a Federación de Libreiros teñen claro que o traballo da Mesa do Libro "non debe esquecer que entre o 75% e o 80% dos librps que se venden en Galicia está en castelán, polo que o texto non pode ser unicamente unha Lei do Libro Galego", puntualiza Xaime Corral. Entre outras reclamacións que os libreiros teñen para o texto está que se recolla un prezo fixo para os libros que evite descontos, e "que se defina de xeito claro os campo de actuación de cada subsector". Isto implica lexislar as canles polas que os editores ou a Administración poden vender libros e as polÃticas de desconto cando o sector público adquire obras directamente á editora, entre outras cuestións.
Conclusións
"En xeral estamos contentos coa evolución da mesa, talvez deberÃamos ter un pouco máis de reflexión para conseguirmos novos estudos e datos que sopesar. Preocúpanos que a velocidade á que se está a traballar peche en falso o proceso sen afondar nalgunhas cuestións. Falta un estudo fondo sobre a situación da lectura en galego", apunta Xaime Corral. Pola banda dos editores, tamén están convencidos da importancia de se ter aberto este proceso. "O feito de que se tivese creado unha mesa do libro e da lectura é que esté constituÃda xeito transversal xa é en por si importante", destaca Fernán Vello. No entanto os editores consideran que "a evolución dos traballos é difÃcil de valorar de xeito estrito, algunhas seccións van máis avanzadas e oturas menos e non temos aÃnda toda a información". De calquer xeito, tanto libreiros coma editores anuncian xuntanzas no seo de cada un destes gremios para analizar, antes de fin de ano, a situación da mesa, e achegar novas propostas para que as futuras leis sexan o máis completas que se poida.