A Mesa polo Libro aproba por unanimidade os borradores das leis de Bibliotecas e do Libro

Borrador aprobado

A mesa do libro leva nove meses traballando nos borradores das futuras Leis de Bilbiotecas e do Libro que van declarar a industria do libro como sector estratéxico. Os documentos foron aprobados por unanimidade o pasado venres en Santiago, agora só resta que pasen polo Consello da Xunta e polo posterior debate parlamentario que os converta en leis. Ademais das leis tamén se inclúe un borrador do plan de Lectura no que se detallan liñas de actuacións para fomentar os hábitos de lectura.

Máis información sobre a Mesa do Libro no noso tema e sobre a aprobación dos borradores en El Correo Gallego