Por moitos libros que haxa se non se le non hai nada que facer. Por iso, os integrantes da Mesa do Libro convocada pola Xunta acaban de pedir que se faga un plan de lectura. Un proxecto que pretende incrementar as porcentaxes de lectores, fomentar a consideración social e mellorar os hábitos de lectura nun plan que se estenda ata o 2010. Para financiala, os integrantes da mesa piden á Xunta que destine o 1% do custo das obras públicas culturais e educativas de todas as administracións. É unha das medidas do borrador da lei do libro que inclúe medidas como a creación dun consello asesor, dunha editora nacional ou a implantación de sistemas informáticos nas librarÃas.
Máis información en La Voz de Galicia