Editores e libreiros piden a reunión da Mesa Técnica de Gratuidade do libro de texto

Mover a mesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Federación de Libreiros de Galicia e a Asociación Galega de Editores, reuníronse o pasado luns para analizar, entre outros temas, o conflito orixinado no sector pola ampliación da gratuidade do libro escolar e as convocatorias previstas da Mesa polo Libro e a Lectura. Editores e libreiros comparten preocupación pola paralización da Mesa Técnica de Gratuidade. Por medio dun comunicado á prensa aseguran considerar imprescindible a volta ao traballo da Mesa Técnica formada por representantes do sector editorial e das Consellarías de Cultura, Educación, Industria e Secretaría Xeral de Política Lingüística. As dúas entidades profesionais coinciden no apoio á gratuidade mediante a modalidade de tarxeta electrónica de pagamento. Na vindeira semana volverán a reunirse editores e libreiros para ultimar a redacción do documento “Libro, lectura e educación de calidade”, sobre as características desta alternativa.

Máis información no sitio da Asociación Galega de Editores

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Educación, Asociación Galega de Editores, Política Lingüística...