Xaime Carlos Corral foi reelixido presidente da Federación de Libreiros, cargo ao que era o único candidato. Para os vindeiros catro anos, Corral quere fortalecer o sector, incrementar os servizos para os asociados e conseguir unha participación activa na futura Mesa do Libro. Pola súa banda, a dirección da Asociación de Editores cesa mañá dentro do proceso electoral que comeza nesta entidade. Logo do abandono de Fabiola Sotelo na presidencia, o dÃa catorce escollerase a nova directiva, cun novo sistema de representación. Entre os nomes que máis soa está, segundo La Voz de Galicia, o de Manuel Bragado, director de Xerais.
Máis información sobre a Federación de Libreiros en El Correo Gallego; sobre as eleccións na Asociación de Editores en La Voz de Galicia e nesta noticia